Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10128

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO de información pública sobre licenza para a reforma de adega.

Miguel Ángel e Pegerto López Alvarado solicitaron licenza para legalización e proxecto básico e de execución de reforma de adega dedicada ao apoio da actividade vinícola no lugar dos Queixeiros, parroquia de Líncora. Ao abeiro do establecido no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese o expediente incoado a información pública durante o período de vinte días no Diario Oficial de Galicia, no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de anuncios deste concello, sito na praza de España, n.º 1, Chantada (Lugo), período que comezará a contar a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do seu exame e, de ser o caso, efectuar as correspondentes reclamacións.

Chantada, 14 de febreiro de 2012.

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde