Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10127

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Catoira

ANUNCIO de oferta de emprego público para o ano 2012.

Por Resolución da alcaldía do 13 de febreiro de 2012, aprobouse a oferta de emprego público correspondente ás prazas que a continuación se indican para o ano 2012, logo da aprobación do cadro de persoal e orzamentos de 2012. Edicto BOP n.º 9, do 13 xaneiro, en cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70 da Lei 7/2007, do Estatuto básico do empregado público.

Catoira, 13 febreiro de 2012.

Alberto García García
Alcalde

ANEXO

Relación de vacantes e características do posto

N.º de vacantes : 1.

Promoción interna: un (1). Persoal en réxime laboral.

Denominación: arquitecto ou enxeñeiro de edificación, que substitúe a actual praza de aparellador-arquitecto técnico, co que se amortiza esta e non se crea posto novo na relación de postos de traballo do concello.