Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10134

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación de expediente de contratación para a venda de parcelas municipais para uso residencial.

Por Decreto da Alcaldía número 227/12, con data do 25 de xaneiro, aprobouse o expediente de contratación, por medio de concurso e procedemento aberto, para a venda de varias parcelas de titularidade municipal destinadas a uso residencial.

O prazo de presentación das proposicións será dun (1) mes contado desde o día seguinte a aquel en que apareza publicado este anuncio de licitación na última publicación (ben no DOG, ben no BOP). A documentación poderá recollerse no Rexistro Xeral do Concello, praza de Galicia, 1, 15173 Oleiros, e na Secretaría Xeral, das 8.30 ás 13.00 horas; ou ben descargalas da web municipal www.oleiros.org. Rematado o prazo de presentación de proposicións e dentro dos cinco (5) días hábiles seguintes, a mesa de contratación, constituída para o efecto, abrirá os sobres A en acto non público e cualificará a documentación administrativa que conteñen. A apertura dos sobres B coas ofertas económicas e coa documentación complementaria farase nun acto público que terá lugar ás 12.00 horas do décimo segundo (12) día hábil que non sexa sábado que siga ao último do prazo de presentación de proposicións.

Oleiros, 22 de febreiro de 2012.

Ángel García Seoane
Alcalde