1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.
a) Dependencia: Departamento de Contratación.
b) Número de expediente: As-11/2012.
2. Obxecto do contrato: servizo de reparacións, mantemento e reposicións nos edificios e espazos exteriores dos centros públicos de educación infantil e primaria.
Duración: dous anos prorrogables por dous máis.
3. Tramitación: ordinaria.
Procedemento: aberto con diversos criterios de valoración.
4. Orzamento base de licitación: 250.000 € anuais (IVE incluído).
5. Garantía provisional: non se exixe.
6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información:
a) Teléfono: 981 18 42 19.
b) Fax: 981 18 42 71.
c) Correo electrónico: contratacion@aytolacoruna.es
d) Enderezo: praza de María Pita, 1, 2.º
7. Clasificación: non se exixe.
8. Presentación de proposicións:
a) Prazo: quince días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e que remata ás 13.00 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará automaticamente prorrogado ao día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.
9. Apertura de proposicións técnicas e económicas:
a) Lugar: véxase o punto 6.
b) Data e hora: publicarase no taboleiro de anuncios de contratación e/ou perfil do contratante.
10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.
11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.
A Coruña, 13 de marzo de 2012.
P.D.
Rosa M.ª Gallego Neira
Tenenta de alcalde responsable de Facenda e Administración Pública