Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10065

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012, da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago de Compostela, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefatura do Servizo de Atención Primaria de Boiro.

Convocada pola Resolución do 9 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 5, do 9 de xaneiro de 2012), a provisión do posto de xefatura do Servizo de Atención Primaria de Boiro, esta Xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia n.º 106, do 5 de xuño),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefatura do Servizo de Atención Primaria de Boiro, convocado pola Resolución do 9 de decembro de 2011 (Diario Oficial de Galicia n.º 5, do 9 de xaneiro de 2012).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a Dirección de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos dos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e pola Lei 25/2009, do 22 de decembro.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2012.

Luis Verde Remeseiro
Xerente de Xestión Integrada de Santiago de Compostela

ANEXO

Posto: xefe do Servizo de Atención Primaria de Boiro.

Nome e apelidos: Julia Rey Batalla.

DNI: 33240567-R.