Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10066

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de marzo de 2012, da Xerencia Executiva do Barco de Valdeorras, pola que se resolve a convocatoria pública de provisión, polo procedemento de avaliación colexiada, do posto de xefe de Sección de Traumatoloxía.

Convocada por medio da Resolución do 25 de outubro de 2011 (DOG n.º 216, do 11 de novembro) a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario, esta Xerencia, de conformidade coa competencia atribuída no artigo único da Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se modifica a Orde do 15 de xuño de 2009, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e dando cumprimento á Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG n.º 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión dun posto de persoal licenciado sanitario do Hospital Comarcal de Valdeorras, convocada pola Resolución do 25 de outubro de 2011 (DOG n.º 216, do 11 de novembro).

Segundo. Nomear para o posto que se indica a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. O aspirante nomeado deberá cesar na praza que desempeñe dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión do posto de traballo adxudicado deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ao do cesamento. Para estes efectos, entenderase por praza desempeñada a efectivamente ocupada, con independencia de que sexa en condición de destino definitivo, adscrición ou destino provisional ou comisión de servizos.

Se así o permiten as necesidades do servizo, e por petición motivada do interesado, os prazos a que se refiren os parágrafos anteriores poderán ser prorrogados polo órgano convocante.

Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular, e será declarado nesa situación polo órgano competente quen non se incorpore ao posto adxudicado no prazo establecido.

Cuarto. Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a División de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O Barco de Valdeorras, 5 de marzo de 2012.

María Jesús Magadán Álvarez
Xerente executiva do Barco de Valdeorras

ANEXO

Posto: xefe de Sección de Traumatoloxía do Hospital Comarcal de Valdeorras.

Nome e apelidos: Rogelio García Mata.

DNI: 07842260-L.