Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10094

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete á información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santiago de Compostela (expediente IN407A 40/2012).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE número 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE número 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese á información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171. 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. e CC.TT. Centro Comercial As Cancelas.

Situación: concello de Santiago de Compostela.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea, alimentación aos CC.TT. Centro Comercial As Cancelas, a 20 kV, cunha lonxitude de 1,834 km, con orixe na subestación de San Caetano (expediente 415/03), condutor tipo R.H.Z.1.-2OL-12/20 kV 3 (1×240 Al) e final no C.T. n.º 8 do Centro Comercial As Cancelas, tras realizar entrada e saída nas celas, para instalar nos centros de transformación previstos e enlace coa L.M.T. subterráneas que alimentan os CC.TT. da urbanización As Cancelas n.º 1 e n.º 2 (expediente 266/08).

Liña eléctrica de media tensión subterránea, ao CR Centro Comercial As Cancelas (liña Cero), a 20 kV, cunha lonxitude de 2×0,614 km, con orixe no punto de acceso existente na intersección da rúa As Cancelas coa vía da urbanización, enlace L.M.T.S. SCY-807 (expediente 3/95), condutor tipo R.H.Z.1.-2OL-12/20 kV 3 (1×240 Al) e final na mesma liña tras realizar entrada e saída nas celas que se van instalar no C.T. n.º 3, centro de reflexión do Centro Comercial As Cancelas.

Centros de transformación non prefabricados n.º 1, 2 e 3, cunha potencia de C.T. n.º 1: 2×630 kVA, C.T. n.º 2: 3×630 kVA, C.T. n.º 3-CR: 2×630 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Centros de transformación non prefabricados n.º 4 e 8, cunha potencia de 630 kVA (c/u) e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Centros de transformación non prefabricados n.º 5, 6 e 7, cunha potencia de 2×630 kVA (c/u) e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V. Concello de Santiago de Compostela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de marzo de 2012.

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña