Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 57 Xoves, 22 de marzo de 2012 Páx. 10090

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se publica o cambio de titularidade da concesión do servizo público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-7076; XG-450, Santiago de Compostela-Camariñas, con anexos.

A Dirección Xeral de Mobilidade, mediante Acordo directivo do 27 de febreiro de 2012, autorizou o cambio de titularidade da concesión V-7076; XG-450 a favor da empresa Santiaguesa Metropolitana, S.L., por transmisión do seu anterior titular, Santiaguesa Metropolitana, S.A.

O que se publica unha vez que se cumpriron os requisitos a que se condicionou a dita autorización; o novo concesionario queda subrogado nos dereitos e obrigas da concesión.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2012.

Miguel Rodríguez Bugarín
Director xeral de Mobilidade