Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 56 Mércores, 21 de marzo de 2012 Páx. 9937

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (279/2010).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña, fago saber que, no proceso seguido por instancia de Carlos Balado García, Germiniano Cancelo Golpe, José Francisco Pasandín Fariña contra Arquithecnic Galicia, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número 279/2010, ditouse a seguinte sentenza:

«Na cidade da Coruña o 22 de febreiro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Carlos Balado García, Germiniano Cancelo Golpe, José Francisco Pasandín Fariña, que comparece no seu nome e representación o letrado Pedro Pedreira Candal, e doutra como demandado Arquithecnic Galicia, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma.

Que, estimando a demanda formulada por José Francisco Pasandín Fariñas, Carlos Balado García e Geminiano Cancelo Golpe, contra a empresa Arquitecnic Galicia, S.L., condeno esta a aboarlle a cantidade de 481,36 euros a José Francisco Pasandín Fariñas, 347,17 euros a Carlos Balado García e 481,36 a Geminiano Cancelo Golpe, que lles debe en concepto de salarios e demais conceptos.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer ningún recurso.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Arquithecnic Galicia, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial