Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9698

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo do informe positivo da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación (ANECA).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 15 de abril de 2011 (publicado no BOE do 11 de maio de 2011, por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 26 de abril de 2011).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do número 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 28 de febreiro de 2012.

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO
Máster universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser

Rama de coñecemento: Ciencias.

Universidades participantes: Vigo, A Coruña e Santiago de Compostela.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

0

Optativas

36

Prácticas externas

12

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Aplicacións Biomédicas dos Láseres: Fundamentos Físicos

6

Optativo

I

Óptica Coherente

6

Optativo

Física dos Láseres

6

Optativo

Laboratorio de Fundamentos do Láser

6

Optativo

Sensores Láser: Fundamentos e Aplicacións

6

Optativo

Óptica Cuántica

6

Optativo

Aplicacións Medioambientais dos Láseres

6

Optativo

Aplicacións Metrolóxicas dos Láseres

6

Optativo

II

Comunicacións Ópticas

6

Optativo

Laboratorio de Fotónica

6

Optativo

Aplicacións Industriais dos Láseres

6

Optativo

Métodos Computacionais

6

Optativo

Prácticas en Empresas

12

Optativo

Traballo Fin de Máster

12

Obrigatorio

Traballo Fin de Máster

Para a obtención do título de máster universitario en Fotónica e Tecnoloxías do Láser, o alumnado deberá superar os 60 ECTS de que consta o máster.