Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9700

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, pola que se fan públicos diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o día 6 de marzo de 2012, o tribunal nomeado pola Orde do 10 de maio de 2011 (DOG núm. 96, do 19 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Declarar a todas e todos os aspirantes que superaron o terceiro exercicio exentas da realización do cuarto exercicio por ter presentado a documentación xustificativa sinalada na base II.1.1.6 da convocatoria.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.2.3 da orde de convocatoria (DOG núm. 1, do 3 de xaneiro de 2011), os aspirantes que superaron a fase de oposición disporán dun prazo de 10 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación relativa á fase de concurso, que deberán dirixir á Consellería de Facenda, Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela) de acordo co procedemento establecido para o efecto pola devandita dirección xeral na súa Resolución do 27 de febreiro de 2012 (DOG núm. 45, do 5 de marzo).

Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de alzada ante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo cos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2012.

Eva María García Pérez
Presidenta do tribunal