Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea P.C. II e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro. Mediante escrito do 15.2.2012, Jesús María Piñeiro Romero e María Jesús Mariño Sánchez solicitaron autorización para transmisión da concesión da batea P.C. II.
Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG n.º 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG n.º 243, do 15 de decembro) e coa Orde do 20 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias nos xefes territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar.
Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de María Gema Sánchez Torrado (76493829-S), da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: P.C. II.
Localización:
Cuadrícula n.º: 17.
Polígono: D.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante: concesión.
Orde outorgamento: 10.5.1972.
Remate vixencia: 15.12.2019.
Actuais titulares: Jesús María Piñeiro Romero e María Jesús Mariño Sánchez (44816395-K, 52934696-N).
Nova titular: María Gema Sánchez Torrado (76493829-S).
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. Os titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcurrido o prazo indicado na condición primeira sen ter presentado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 22 de febreiro de 2012.
P.A. (Resolución 25.1.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar