Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9793

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 22 de febreiro de 2012 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea Pablito I.

Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Pablito I, e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 15.2.2012, María Gema Sánchez Torrado solicitou autorización para transmisión da concesión da batea Pablito I.

Segundo. A interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG n.º 243, do 16 de decembro de 2008), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG n.º 243, do 15 de decembro 2009) e coa Orde do 20 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias nos xefes territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, pola que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Jesús María Piñeiro Romero e María Jesús Mariño Sánchez (44816395K-52934696N), da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Pablito I.

Localización:

Cuadrícula n.º: 18.

Polígono: B.

Distrito: Ribeira (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde outorgamento: 4.6.1974.

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actual titular: María Gema Sánchez Torrado (76493829S).

Novos titulares: Jesús María Piñeiro Romero e María Jesús Mariño Sánchez (44816395K-52934696N).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

Documento notarial da transmisión ou doazón.

Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 22 de febreiro de 2012.

P.A. (Resolución 25.1.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar