Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 55 Martes, 20 de marzo de 2012 Páx. 9631

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 91/2012, do 16 de marzo, polo que se nomea directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a María del Mar Pereira Álvarez.

En virtude do establecido nos artigos 15.2 do Estatuto da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, aprobado polo Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia e se aproban os seus estatutos, e 4.13 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do dezaseis de marzo de dous mil doce,

Nomeo directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia a María del Mar Pereira Álvarez.

Santiago de Compostela, dezaseis de marzo de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza