Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 54 Venres, 16 de marzo de 2012 Páx. 9526

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 30 de xaneiro de 2012 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión da batea J.J. V.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea J.J. V e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante escrito do 18.1.2012, Fernando Outeiral Fernández solicitou autorización para transmisión da concesión da batea J.J. V.

Segundo. O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección dos Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG n.º 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG n.º 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 20 de xaneiro de 2012, de delegación de competencias nos xefes territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Segundo. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de Manuel Batalla Leite e Sofía María Outeiral Abeijón (33277144-P; 76778783-E) 100% gananciais, da concesión que se indica a continuación:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: J.J. V.

Localización:

Cuadrícula n.º: 180.

Polígono: H.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde outorgamento: 31.1.1957 (BOE/DOG n.º 68, do 9 de marzo).

Remate vixencia: 15.12.2019.

Actuais titulares: Fernando Outeiral Fernández e María Abeijón Tarrío (76451484-J; 76493488-L) 100% gananciais.

Novos titulares: Manuel Batalla Leite e Sofía María Outeiral Abeijón (33277144-P; 76778783-E) 100% gananciais.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. O novo titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcurrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 30 de xaneiro de 2012.

A conselleira do Medio Rural e do Mar
P.D. (Orde 20-1.2012)
O xefe territorial
P.A. (Resolución 25.1.2012)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe de Coordinación da Área do Mar