Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9404

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourol

ANUNCIO de licitación da xestión do tanatorio municipal do concello de Ourol.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ourol.

a) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: contratación da xestión do tanatorio municipal de Ourol durante cinco anos.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Canon mínimo anual: 1.016,95 € máis 183,05 € de IVE.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Garantía definitiva: 5% do importe de adxudicación do contrato, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Obtención de documentación: Concello de Ourol. Praza do Mesón, s/n. Tfno.: 982 55 91 09, fax: 982 55 90 02. Correo electrónico: secretaria@concellodeourol.es

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo: quince (15) días naturais contados desde o día seguinte á data da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da provincia de Lugo ou no Diario Oficial de Galicia. No caso de resultar domingo ou festivo, o día de finalización do prazo quedará automaticamente prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Ourol, das 9.00 ás 14.00 horas de luns a venres, e sábados das 10.00 ás 13.00 horas.

9. Apertura de proposicións:

a) Entidade: Concello de Ourol.

b) Data e hora: quinto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se coincide en sábado, trasladarase ao primeiro día hábil. Ás 11.00 horas na Casa do Concello de Ourol.

10. Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Ourol, 13 de febreiro de 2012.

Marcial Sanjurjo Fernández
Alcalde presidente