Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 53 Xoves, 15 de marzo de 2012 Páx. 9403

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación polo Pleno do 26 de xaneiro de 2012 da rede de camiños municipais.

O Concello Pleno, en sesión ordinaria do 26 de xaneiro de 2012, acordou resolver as alegacións presentadas e aprobar a rede de camiños públicos de titulariedade municipal.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado ou Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa no prazo de dous meses. Previa e potestativamente poderá interpor recurso de reposición, de conformidade co artigo 116 da Lei 30/1992, no prazo dun mes. Tamén poderá interpor o recurso extraordinario de revisión cando concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 118 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, pola que se aproba o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos prazos establecidos no punto 2 do mesmo artigo 118. Todo isto sen prexuízo do dereito dos interesados a formular a solicitude e a instancia a que se refiren os artigos 102.1) e 105.2) da devandita lei.

Oleiros, 15 de febreiro de 2012.

Ángel García Seoane
Alcalde presidente