En cumprimento do disposto no artigo 138 da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería de Cultura e Turismo, na actualidade Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.
c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es
d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 164, do 29 de agosto de 2011.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición: acondicionamento e consolidación arqueolóxica para a posta en valor do Castro de Viladonga, Castro de Rei (Lugo), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (70%), no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
4. Orzamento base de licitación: 192.000 euros, IVE excluído. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70%, no marco do Programa operativo Feder 2007-2013, eixe 5, tema prioritario 58.1.
5. Formalización do contrato:
a) Data de adxudicación: 27 de decembro de 2011.
b) Data de formalización do contrato: 30 de decembro de 2011.
c) Contratista: Bic Materiales y Conservación, S.L.L.
d) Importe de adxudicación: 172.992 euros, IVE excluído.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2012.
P.D. (Orde 10.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria