Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9117

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública (expediente 6575/11).

Rafael Louzán Abal, en representación da Deputación Provincial de Pontevedra, presentou neste concello solicitude de licenza de obra para a construción dunha planta piloto de biogás nunha explotación gandeira de vacún (expediente 6575/11), sita no predio de Mouriscade, parroquia de Vilanova, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referido, durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e formulen os interesados as alegacións que consideren convenientes.

Lalín, 16 de febreiro de 2012.

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde