Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9116

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO de información pública (expediente 6615/11).

Raúl Dobarro García presentou neste concello solicitude de licenza (expediente 6615/11) para a instalación dunha explotación avícola na parcela denominada Convento, sita no lugar de Castiñeira, Lebozán, deste municipio de Lalín.

De conformidade co disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente referido, durante un prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, para os efectos de que se poida examinar o expediente no Departamento de Urbanismo deste concello e formulen os interesados as alegacións que consideren convenientes.

Lalín, 9 de febreiro de 2012.

José Crespo Iglesias
Alcalde