Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9060

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (989/2009).

Marta Yanguas del Valle, secretaria do Social número 3 de reforzo da Coruña, fago saber que nos autos rexistrados co número 989/2009 se ditou a resolución cuxo encabezamento e fallo é o seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 989/2009, sendo demandante José Gacio Varela, asistido polo letrado Sr. Pérez López, e demandada a empresa Logística Yesos y Morteros, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), coa representación da letrada Sra. Abajo Lera.

Dispoño que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de José Gacio Varela contra Logística Yesos y Morteros, S.L e, en consecuencia, condeno esta última a aboarlle a José Gacio Varela a cantidade de 3.810 euros que debe.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá ser anunciado no prazo dos 5 días seguintes á notificación desta sentenza.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que sirva de notificación a Logística Yesos y Morteros, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 24 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial