Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 51 Martes, 13 de marzo de 2012 Páx. 9074

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2012/31-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: travesía de Vigo, n.º 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T. Santa Margarida.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: instalación de dous apoios C 1000/20 na L.M.T. aérea a 20 kV MUR825 e tendido de 112 metros de condutor LA-110 entre eles. Tres liñas de media tensión subterráneas, MUR806, MUR809 e MUR810, a 20 kV con condutor R.H.Z., as tres de 116 metros, con orixe na arqueta proxectada (nó A) e final na arqueta existente (nó F). L.M.T. subterránea MUR825 de 40 metros, con orixe na arqueta proxectada (nó D) e final na arqueta existente (nó F). As instalacións están situadas no lugar de Santa Margarida Pontevedra.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda, 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 17 de febreiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra