Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8898

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (838/2009).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Rubén Barreiro Pena contra Servicios para la Publicidad APM y Asociados, S.L., Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 838/2009, se acordou ditar sentenza cuxo encabezamento e resolución din:

«Sentenza.

Na cidade da Coruña o dezaseis de febreiro de dous mil doce.

Eu, Jorge Hay Alba, maxistrado xuíz do Social número 2 desta cidade, viu estes autos de xuízo número 838/2009 seguidos por instancia de Rubén Barreiro Pena, representado polo letrado Joaquín Echagüe Pérez Montero, contra Servicio y Publicidad APM y Asociados, S.L. e Fogasa, que non compareceron, sendo o obxecto da reclamación salarios e cantidade.

Resolvo que, estimando a demanda interposta polo demandante Rubén Barreiro Pena, debo condenar e condeno a empresa Servicio y Publicidad APM y Asociados, S.L. a lle aboar ao demandante a cantidade de 2.744,67 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis os xuros legais correspondentes.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se lles fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo, se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta en Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para impugnar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Servicio y Publicidad APM y Asociados, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial