Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8867

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 482/2011 R, interposto por Rosalía Carballal Vázquez.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu do Xulgado do Contencioso- Administrativo número 1 de Lugo providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 482/2011 R, interposto por Rosalía Carballal Vázquez contra a desestimación por silencio administrativo da reclamación presentada o 17 de xuño de 2011 ante a Dirección Xeral da Función Pública contra o acordo da Comisión Permanente Central en relación con diversos nomeamentos de carácter temporal realizados no subgrupo A2 para a execución no exercicio 2011, na Comunidade Autónoma de Galicia, das medidas adoptadas no Real decreto lei 13/2010, do 3 de decembro.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública