Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 50 Luns, 12 de marzo de 2012 Páx. 8868

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de marzo de 2012, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, convocado pola Orde do 27 de xullo de 2011 (DOG número 144, do 28 de xullo), pola que se fan públicas a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

O tribunal nomeado pola Orde do 13 de decembro de 2011 (DOG n.º 241, do 20 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de arquitectos técnicos, acordou, de conformidade co disposto na base II.1.2.6 da convocatoria, que o segundo exercicio da oposición terá lugar o día 15 de marzo de 2012, na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), sita na rúa de Madrid, números 2-4 (As Fontiñas) en Santiago de Compostela, na aula 17, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ao xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 1 de marzo de 2012.

Xan Xosé Castro Dapena
Presidente do tribunal