Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8630

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre de 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xullo), establece que as entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego de Promoción Económica nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2011, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 28 febreiro de 2012.

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

Anexo

Convenio

Data de sinatura

Importe €

2011

2012

2013

2014

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Escola de Negocios Novacaixagalicia para o desenvolvemento dun Plan de formación/acción para a internacionalización das empresas galegas, cofinanciado polo Fondo Social Europeo no marco do Programa operativo FSE Galicia 2007-2013.

1.9.2011

75.840

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fundación Ceaga para a posta en marcha no ano 2011 do Plan estratéxico do sector de automoción en Galicia (PESA).

12.12.2011

750.000

Acordo de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Confederación de Empresarios de Galicia para a colocación dos bolseiros de promoción exterior do Igape.

13.12.2011

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Asociación Impulsora do Plan Ferrol (AIPF) para a ampliación temporal das accións previstas no Plan Ferrol.

22.12.2011

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Fábrica de Cerámica de Sargadelos, S.L. para a posta en marcha de accións conxuntas de promoción e difusión do sector artesanal de Galicia.

29.12.2011

354.000

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e o Consorcio Audiovisual de Galicia para o desenvolvemento das accións previstas no Plan de internacionalización durante os anos 2011 e 2012.

29.12.2011

150.000

200.000