Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8741

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza de instalación para a actividade de industria cárnica.

Solicitada por Cárnicas Lovar, S.L. a licenza de instalación da actividade de industria cárnica, sometida a avaliación de incidencia ambiental, neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir período de información pública polo termo de vinte días, tal e como establece o artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia, para que quen se vexa afectado dalgún modo por tal actividade presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina.

Ribadumia, 5 de marzo de 2012.

M.ª Salomé Peña Muñiz
Alcaldesa