Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 49 Venres, 9 de marzo de 2012 Páx. 8689

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1300/2009).

Juan Rey Pita, secretario do Social número 3 da Coruña fago saber que no proceso seguido por instancia de Ricardo Liste Brañas contra Aprovechamientos Forestales del Noroeste, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 1300/2009 se ditou a seguinte sentenza:

«Carlos López Picón, xuíz substituto do Xulgado do Social número 3 dos da Coruña, despois de ver os autos de procedemento ordinario 1300/2009, sobre reclamación de cantidade, seguidos entre partes: dunha como demandante Ricardo Liste Brañas asistido pola letrada Adriana Caneda González, e da outra como demandada a empresa Aprovechamientos Forestales del Noroeste, S.L., que non compareceu aos actos de conciliación e xuízo malia ser citada en legal forma pronunciou en nome do Rei a presente resolución.

Que debo estimar e estimo a demanda sobre reclamación de cantidade, interposta polo demandante Ricardo Liste Brañas, contra a empresa demandada Aprovechamientos Forestales del Noroeste, S.L., condenando a demandada a estar e pasar por esta declaración e a que aboe ao demandante a suma total de catro mil cento setenta e tres euros con setenta e cinco céntimos (4.173,75 euros), polos conceptos salariais sinalados, incrementada no 10% de xuro de demora.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co número 1533 0000 65 1300 09 acreditando mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 1300 09 a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade no que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, ao momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, estando celebrando audiencia pública no día da data do que dou fe.

E para que sirva de notificación a Aprovechamientos Forestales del Noroeste, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial