Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8510

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (972/2009).

María Mercedes Santos García, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de demanda 972/2009, seguido neste xulgado por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza deste reforzo, se ditou auto aclaratorio de sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

«Auto

A Coruña, vinte e catro de xaneiro de dous mil doce.

Feitos

Primeiro. Con data do 13 de decembro de 2011 ditouse sentenza nos presentes autos, co seguinte teor literal na súa decisión:

«Decido que estimando integramente a demanda formulada por Verónica Vázquez Varela, representada polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Jesús Ángel Gómez Sanjiao, en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 997,28 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes. Así mesmo, debo condenar e condeno subsidiariamente o Fogasa a responder de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET».

Segundo. Por escrito con data do 11 de xaneiro de 2012 a representación do Fogasa interesa a rectificación da dita decisión, unha vez que en virtude do disposto no artigo 33 do ET non se pode condenar o Fogasa, toda vez que non foi citado aos actos de conciliación e xuízo no presente procedemento.

Terceiro. No día da data quedaron os autos á disposición do provisor para ditar a oportuna resolución.

Fundamentos de dereito.

Único. O artigo 267 da LOPX e con idéntico sentido os artigos 214 e 215 da LAC regulan o chamado recurso de aclaración, que posibilita con carácter excepcional a aclaración de puntos escuros, a emenda de omisións ou a corrección de erros meramente materiais sobre puntos discutidos no litixio, pero sen en ningún caso consentir que por tal vía poida ser rectificado o que deriva dos fundamentos xurídicos e sentido da decisión ou subvértanse as conclusións probatorias previamente mantidas, salvo que excepcionalmente o erro material consista nun «mero desaxuste ou contradición patente e independente de calquera xuízo valorativo ou apreciación xurídica, entre a doutrina establecida nos fundamentos xurídicos e a decisión da resolución xudicial», isto é, cando sexa evidente que o órgano xudicial «simplemente se equivocou ao trasladar o resultado do seu xuízo á decisión».

Así mesmo, establece o artigo 267.3.º da LOPX: «3. Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento».

Na súa consideración, tendo en conta que efectivamente se produciu un erro de trascrición na decisión, debe accederse á rectificación solicitada pola representante legal do Fogasa, no sentido proposto por esta no seu escrito do 11 de xaneiro de 2012 e nos termos expostos no feito segundo desta resolución.

Vistos os artigos citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Que se debe aclarar a decisión da sentenza de data 13 de decembro de 2011, ditada nos presentes autos, que queda do seguinte teor literal:

«Decido que estimando integramente a demanda formulada por Verónica Vázquez Varela, representada polo letrado Sr. Pena Díaz, contra a empresa Jesús Ángel Gómez Sanjiao, en rebeldía procesual, debo condenar e condeno a demandada a aboarlle á demandante a suma de 997,28 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes».

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún en virtude do disposto no artigo 215.4 da LAC e artigo 267.7 da LOPX.

E para que así conste e a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, expido o presente na Coruña, 16 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial