Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 8 de marzo de 2012 Páx. 8470

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de febreiro de 2012 pola que se nomea persoal laboral fixo da categoría de titulado/a superior (004), do grupo I, a aspirante que superou o proceso selectivo convocado pola Orde do 24 de xullo de 2006 en execución da Sentenza do 10 de decembro de 2010 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña no procedemento abreviado 321/2010.

Unha vez realizado o acto de elección de destino definitivo da aspirante que de acordo coa Orde do 17 de novembro de 2011 (DOG núm. 225, do 24 de novembro) superou o proceso selectivo para o acceso a categoría de titulado/a superior (004), do grupo I, en execución da sentenza do 10 de decembro de 2010 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña no procedemento abreviado 321/2010, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal laboral fixo da categoría de titulado/a superior (004), do grupo I, a aspirante que superou o proceso selectivo en execución da Sentenza do 10 de decembro de 2010 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña no procedemento abreviado 321/2010.

Segundo. Adxudicar a dita aspirante como destino definitivo o posto de traballo que figura no anexo de acordo coa elección de destino realizada o 29 de febreiro de 2012.

Terceiro. A persoa nomeada disporá do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, de conformidade co disposto no artigo 13 do Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición perante a conselleira de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de febreiro de 2012.

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

N.º

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Cons.

Denominación

Categ.

Centro
de destino

Centro
directivo

Concello

(Grupo)

1

44088257-V

Muñiz Rial, María del Mar

TRC991000036560766

TR

Titulado/a superior

004 (I)

Xefatura Territorial Vigo

Servizos periféricos

Vigo