Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8249

I. Disposicións xerais

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 85/2012, do 16 de febreiro, polo que se modifica o Decreto 138/2008, do 22 de maio, polo que se regula a sinalización turística de Galicia, e se aproba o Manual de sinalización turística de Galicia.

A Comunidade Autónoma de Galicia ten competencia exclusiva para a promoción e a ordenación do turismo no seu ámbito territorial, o que implica a potestade lexislativa, regulamentaria e a función executiva, segundo o disposto no artigo 27.21 do seu Estatuto de autonomía.

No marco desas competencias aprobouse o Decreto 138/2008, do 22 de maio, polo que se regula a sinalización turística de Galicia, que tiña como referencia as previsións da derrogada Lei 9/1997, do 21 de agosto, de ordenación e promoción do turismo de Galicia, e respondía á esencial necesidade de dotar o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia dunha harmonización nos sinais turísticos dos recursos turísticos galegos, co obxectivo final de reforzar a imaxe de Galicia como destino turístico e a optimización da calidade da súa oferta turística.

Os cambios introducidos no texto legal de referencia no sector turístico galego, coa aprobación da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, así como as diversas modificacións estruturais que, con carácter xeral, tiveron lugar na Administración xeral da Xunta de Galicia, e, en especial, a aprobación da marca Galicia como paraugas para o desenvolvemento e promoción do turismo galego, así como a denominación de xeodestinos, fan necesaria unha actualización das previsións do Decreto 138/2008 e a aprobación do Manual de sinalización turística de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezaseis de febreiro de dous mil doce,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación do Decreto 138/2008, do 22 de maio, polo que se regula a sinalización turística de Galicia.

Modifícase o Decreto 138/2008, do 22 de maio, polo que se regula a sinalización turística de Galicia, nos seguintes termos:

Un. Suprímese o parágrafo segundo do número 1.º do artigo 4.

Dous. O artigo 11 queda redactado como segue:

«A imaxe corporativa identifica visualmente Galicia como destino turístico mediante a utilización da marca turística aprobada polo Decreto 121/2011, do 16 de xuño, polo que se aproba a marca turística de Galicia e se regula a súa utilización».

Tres. O número 1 do artigo 17 queda redactado como segue:

«O pictograma é un signo gráfico que representa un determinado recurso turístico e permite identificar, entre outros, os seguintes recursos turísticos:

1.º No eido da arquitectura e enxeñaría civil: os conxuntos históricos, os pazos, os castelos, os faros, as pontes e os edificios singulares da arquitectura contemporánea.

2.º No eido da arquitectura relixiosa: as catedrais, as igrexas, os mosteiros, os conventos e as ermidas.

3.º No eido da etnografía: os cruceiros, os hórreos, as pallozas, os pombais, os muíños e as fontes.

4.º No eido do patrimonio arqueolóxico: as zonas arqueolóxicas, as mámoas, os dolmens, os petróglifos e os castros.

5.º As praias, os espazos naturais protexidos, as áreas naturais, os museos e centros de interpretación, os balnearios, os campos de golf, as vistas panorámicas e miradoiros, o Camiño de Santiago, as rutas do viño e outras rutas temáticas de interese turístico, os barcos turísticos e as oficinas e postos de información.

6.º Os xeodestinos poderán ter, ademais, pictogramas de seu, segundo se reflicte no Manual de sinalización turística de Galicia».

Catro. Engádese un punto no artigo 19.1.1.º coa seguinte redacción:

«c) Tipo III: identifica a chegada á Comunidade Autónoma de Galicia nas áreas con aparcadoiro próximas ás estradas principias de acceso a Galicia».

Cinco. Engádense os números 3.º e 4.º no artigo 19.1 coa seguinte redacción:

«3.º Os sinais de benvida ao xeodestino, que identifican a entrada por estrada principal no xeodestino de que se trate:

a) Versión principal: conterá a identificación do xeodestino e o pictograma correspondente.

b) Versión alternativa: conterá información sobre os recursos turísticos do xeodestino. Instalaranse, cando sexa posible, en áreas con aparcadoiro nas estradas principais de acceso ao xeodestino.

4.º Os paneis promocionais, que sinalizarán as rutas temáticas de interese turístico. Conterán o pictograma propio da ruta e os pictogramas xenéricos dos principias recursos que se atopan durante o seu percorrido».

Seis. Suprímese o parágrafo segundo da disposición derradeira primeira.

Artigo 2. Aprobación do Manual de sinalización turística de Galicia.

Apróbase o Manual de sinalización turística de Galicia que se insire como anexo deste decreto e que substitúe o Catálogo de sinais turísticos de Galicia que figura como anexo do Decreto 138/2008.

Disposición adicional.

As referencias feitas ao Catálogo de sinais turísticos no Decreto 138/2008 deben entenderse feitas ao Manual de sinalización turística de Galicia que se aproba por este decreto.

Disposición transitoria primeira.

Os elementos e sinais turísticos xa existentes e que non se axusten ao disposto neste decreto deberán adaptarse ás súas prescricións no prazo de catro anos desde a súa entrada en vigor, sen prexuízo da subsistencia daqueles que teñan establecido un prazo de permanencia, que o farán, en todo caso, cando finalice ese prazo.

Disposición transitoria segunda.

Manterán a súa vixencia as disposicións que conteñan normas máis restritivas canto ás condicións técnicas dos elementos ou sinais turísticos situados nos conxuntos históricos. A modificación das anteriores normas deberá adaptarse ao establecido neste decreto.

Disposición derrogatoria.

Quedan derrogadas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido neste decreto.

Disposición derradeira primeira.

Facúltase o titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza para ditar as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste decreto e, en concreto, para realizar as modificacións necesarias no Manual de sinalización turística de Galicia.

Disposición derradeira segunda.

Este decreto entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de febreiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file