Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 7 de marzo de 2012 Páx. 8333

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 2 de marzo de 2012 pola que se nomean os vogais do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

En desenvolvemento da autorización contida na disposición adicional terceira da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, aprobouse o Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (en diante Amtega) e se aproban os seus estatutos. A dita axencia pública autonómica, adscrita á Presidencia da Xunta de Galicia, ten por obxecto a definición, desenvolvemento e execución dos instrumentos da política da Xunta de Galicia relativa a tecnoloxías da información e comunicacións, así como innovación e desenvolvemento tecnolóxico.

Segundo establece a disposición adicional primeira do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, a constitución efectiva da Amtega producirase coa realización da sesión constitutiva do seu consello reitor, órgano superior colexiado de goberno da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, cuxa presidencia corresponde ao titular da Presidencia da Xunta de Galicia como presidente da Amtega.

O artigo 13 do Estatuto da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia prevé que cada consellería da Xunta de Galicia estea representada no seu Consello Reitor por un vogal, así como que a persoa titular da Dirección da Amtega é membro nato do Consello Reitor e desempeña unha das súas vogalías. O nomeamento destes vogais e o dos seus suplentes corresponde á persoa titular da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Doutra banda, a disposición adicional segunda do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, establece que desde o momento da constitución efectiva da Amtega, a persoa titular da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica desenvolverá transitoriamente as funcións que corresponden ao director/a da Amtega ata o nomeamento deste/a a través do procedemento recollido nos estatutos.

Con base nas circunstancias anteriores, unha vez feitas as correspondentes propostas por cada consellería, cómpre facer o nomeamento dos vogais do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia que, para xeral coñecemento, se publicará no Diario Oficial de Galicia.

Por todo isto, en virtude das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo único. Nomear vogais do Consello Reitor da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia as seguintes persoas:

a) En representación da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

– Vogal titular: Alfonso Rueda Valenzuela, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

– Vogal suplente 1.ª: Beatriz Cuiña Barja, secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

– Vogal suplente 2.º: Juan José Martín Álvarez, director xeral de Xustiza.

b) En representación da consellería de Facenda:

– Vogal titular: Elena Muñoz Fonteriz, conselleira de Facenda.

– Vogal suplente 1.ª: M.ª Socorro Martín Hierro, secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda.

– Vogal suplente 2.º: Mauro Fernández Dabouza, director xeral do CIXTEC.

c) En representación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

– Vogal titular: Agustín Hernández Fernández de Rojas, conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vogal suplente 1.º: José Antonio Fernández Vázquez, secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Vogal suplente 2.º: José Antonio Domínguez Varela, vicesecretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

d) En representación da Consellería de Economía e Industria:

– Vogal titular: Javier Guerra Fernández, conselleiro de Economía e Industria.

– Vogal suplente 1.º: Borja Verea Fraiz, secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria.

– Vogal suplente 2.º: Ricardo Capilla Pueyo, director xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.

e) En representación da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

– Vogal titular: Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Vogal suplente 1.º: Jesús Oitavén Barcala, secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

– Vogal suplente 2.º: José Luis Mira Lema, director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa.

f) En representación da Consellería de Sanidade:

– Vogal titular: Rocío Mosquera Álvarez, conselleira de Sanidade.

– Vogal suplente 1.º: Antonio Fernández-Campa García-Bernardo, secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade.

– Vogal suplente 2.º: Benigno Rosón Calvo, subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información.

g) En representación da Consellería de Traballo e Benestar:

– Vogal titular: Beatriz Mato Otero, conselleira de Traballo e Benestar.

– Vogal suplente 1.ª: Cristina Ortiz Dorda, secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar.

– Vogal suplente 2.º: Pablo Nimo Ríos, vicesecretario xeral da Consellería de Traballo e Benestar.

h) En representación da Consellería do Medio Rural e do Mar:

– Vogal titular: Rosa María Quintana Carballo, conselleira do Medio Rural e do Mar.

– Vogal suplente 1.º: Francisco José Vidal-Pardo Pardo, secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar.

– Vogal suplente 2.º: Carlos Gabín Sánchez, xefe do Servizo de Análise e de Rexistros.

i) En representación da Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

– María del Mar Pereira Álvarez, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, en virtude do disposto na disposición adicional segunda do Decreto 252/2011, do 15 de decembro, polo que se crea a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (en diante Amtega) e se aproban os seus estatutos.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza