Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8239

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

EDICTO relativo á aceptación da delegación efectuada polo Concello da Estrada para exercer facultades de colaboración na tramitación de expedientes en materia de tráfico.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 27 de xaneiro de 2012, acordou por unanimidade aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello da Estrada, por acordos do Pleno do 1 de decembro de 2011 e do 12 de xaneiro de 2012, e seguindo o establecido nos artigos 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 do citado Real decreto lexislativo 2/2004, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de colaboración na tramitación dos expedientes sancionadores en materia de tráfico, así como as facultades de recadación en período voluntario e executivo das multas de tráfico.

A citada delegación será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 8 de febreiro de 2012.

Rafael Louzán Abal Carlos Cuadrado Romay
Presidente da Deputación Secretario da Deputación
Provincial de Pontevedra Provincial de Pontevedra