Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 8100

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rodeiro

ANUNCIO de información pública sobre solicitude de licenza municipal para construción de nave para almacenamento.

José Luís Camiñas Vázquez, en representación do Rodo, Sociedade Cooperativa Galega, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a construción de nave para almacenamento de maquinaria agrícola de cooperativa e instalación de gasolineira de gasóleo B, que se situará na parcela n.º 487 do polígono 85, do concello de Rodeiro.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, que regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Rodeiro, 24 de febreiro de 2012.

Luís López Diéguez
Alcalde