Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 8101

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Comandancia da Garda Civil da Coruña

ANUNCIO de poxa de armas.

Ás nove horas do día 31 de marzo de 2012 terá lugar nas dependencias da Garda Civil da Coruña, sitas na rúa Médico Devesa Núñez 3, a poxa de armas composta por 880 lotes de escopetas, carabinas, rifles, pistolas e revólveres, que serán expostas ao público os días 26, 27, 28, 29 e 30 de marzo neste acuartelamento, das nove ás catorce horas, horario en que se entregará o prego de condicións.

A poxa será en sobre pechado e o prazo de entrega, coas ofertas, rematará ás trece horas do día 30 de marzo.

Poderán concorrer á poxa as persoas que o desexen e estean legalmente habilitadas para adquirir as armas.

A Coruña, 3 de febreiro de 2012.

Benedicto González Delgado
Coronel xefe