Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 8098

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de información pública (expediente 543).

Mediante Resolución desta alcaldía n.º 747, do 22 de febreiro de 2012, acordouse aprobar inicialmente a modificación do estudo de detalle do ámbito zonal M-1, parcelas 1011/1013, do P.P. SUP.1-R Carballido, en Perillo.

De conformidade co artigo 86.2 da Lei 9/2002, modificada pola Lei 2/2010, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 13.00 horas, polo prazo de vinte días, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 27 de febreiro de 2012.

Ángel García Seoane
Alcalde presidente