Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 8097

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mazaricos

ANUNCIO de información pública relativo á ampliación dunha corte.

Faise público que Manuela Blanco Tuñas solicitou licenza para desenvolver a actividade de ampliación de corte para xovencas en Maroñas, comprendida no ámbito de aplicación do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental.

Presentada a solicitude e documentación anexa requirida pola normativa e para efectos de cumprir o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, o expediente de referencia exponse ao público por un período de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia correspondente e exposición no taboleiro de anuncios do concello.

Deste xeito todos os interesados ou afectados pola actividade obxecto deste expediente poden consultalo nas dependencias municipais e efectuar as alegacións ou observacións que coiden pertinentes.

Mazaricos, 3 de febreiro de 2012.

José M. Santos Maneiro
Alcalde