Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7869

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (878/2009).

Elena María Varela Luaces, secretaria judicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 878/2009 deste xulgado do social, seguido por instancia de Román Barros Paz contra a empresa Alfer Seguridad y Control, S.L., sobre ordinario, foi ditada a seguinte sentenza na data do dous de decembro de dous mil once, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Polo exposto, acollo a demanda interposta pola parte demandante, Román Barros Paz, e condeno á parte demandada, entidade Alfer Seguridad y Control, S.L., a aboar á parte demandante a cantidade de 6.707,01 euros, máis o 10% de mora, e condeno o Fogasa a se rexer por esta resolución.

Esta resolución notifícase ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de 5 días, e indicando que para poder acceder ao recurso a demandada deberá exhibir ante este xulgado o comprobante de ter depositado na conta deste xulgado do social con número identificador 1589, aberta no banco Banesto a cantidade obxecto de condena (clave de ingreso 60), podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no cal se deberá facer constar a responsabilidade solidaria do avalista, e acreditar tamén ter depositado na indicada conta (clave de ingreso 65) a cantidade de 150,25 euros preceptiva para recorrer; sen este cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación de forma legal a Alfer Seguridad y Control, S.L., en paradoiro descoñecido, expido esta cédula de notificación para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que teñan forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamentos.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial