Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 5 de marzo de 2012 Páx. 7794

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se aproba o Plan de Aproveitamento Específico da Anguía na Desembocadura do Río Ulla para o ano 2012.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 23 de novembro de 2011 as confrarías de pescadores de Carril e Rianxo conxuntamente, presentaron o Plan de Pesca da Anguía no Río Ulla para o ano 2012, de acordo co previsto no artigo 6.1 do Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. O expediente someteuse ao trámite de información pública durante un prazo de 15 días segundo o disposto no Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia. Esta Resolución do 14 de decembro de 2011, foi publicada no DOG n.º 4, do 5 de xaneiro de 2012, sen que se teña constancia da presentación dalgunha alegación.

Terceiro. O artigo 7.3 do Decreto 130/2011, establece a necesidade de que o plan que se aproba sexa sometido a informe do Comité Provincial de Pesca Fluvial. Para este trámite incluíuse na orde do día da reunión do Comité Permanente do 16.2.2012. Os membros do comité foron informados do plan, procedeuse á súa valoración e á consulta das dúbidas existentes, e a emitir informe favorable por unanimidade, e de contar con informes favorables da Consellería do Mar, no caso de afectar desembocaduras, e do departamento da Xunta de Galicia con competencias en materia de espazos naturais protexidos.

Cuarto. Segundo establece o artigo 7.5 do Decreto 130/2011, cómpre ter en conta, para a aprobación de calquera plan de aproveitamento específico da anguía, os criterios establecidos pola Decisión da Comisión Europea do 1 de outubro de 2010, criterios que cumpre segundo a proposta de aprobación do Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O disposto no Decreto 130/2011, do 9 de xuño, polo que se regula a pesca profesional da anguía nas augas continentais competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. O disposto no Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas en relación co Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, e o Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia.

Resolución:

Visto o exposto nos antecedentes, acórdase a aprobación do Plan de Aproveitamento Específico da Anguía na Desembocadura do Río Ulla para o ano 2012, que figura como anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro).

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2012.

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza

ANEXO
Plan de Aproveitamento Específico da Anguía na Desembocadura
do Río Ulla para o ano 2012

a) Artes de pesca.

Nasa-voitirón.

As ringleiras deberán situarse en dirección paralela á corrente e non poderán cruzarse nin na canle nin no estuario.

As artes de pesca de cada ringleira deberán estar unidas por unha corda e en cada extremo dela unha boia, dun tamaño mínimo de 20 cm. Na de menor dimensión indicarase o folio da embarcación a que pertence.

Programarase o tendido das artes, de xeito que sempre quede libre un largo do río suficiente para o normal movemento das especies piscícolas migradoras.

O tamaño da malla non será inferior a 14 mm medidos en diagonal e mollada.

b) Proposta de zonas dentro da bacía fluvial e períodos de pesca.

Zonas de pesca:

Zona A (ou alta): tramo do río Ulla comprendido entre a ponte de Catoira como límite superior e a liña recta imaxinaria que une Punta Palleiro con Punta Grandoiro, como límite inferior (ver plano que se xunta).

Zona B (ou media): tramo do río Ulla comprendido entre a liña recta imaxinaria que une Punta Palleiro con Punta Grandoiro, como límite superior e como límite inferior a liña imaxinaria que une Praia Longa con Punta Seveira (ver plano que se xunta).

Zona C (ou baixa): tramo do río Ulla comprendido entre a liña imaxinaria que une Praia Longa con Punta Seveira, como límite superior e como límite inferior a liña imaxinaria que une Punta Seveira con Punta Rebordexo e a súa continuación, bordeando a illa de Cortegada, ata o faro do dique de Carril, excluída a illa de Cortegada, como límite inferior (ver plano que se xunta).

Vedado:

A zona denominada O Cebal, límites que se explican no seguinte parágrafo, permanecerá vedada para todo tipo de capturas con nasa-voitirón, desde o 15 de xullo ao 15 de setembro.

Os límites xeográficos a que afecta esta veda temporal son os seguintes:

a) Liña imaxinaria que une o lugar de Bamio (S. Xinés ou Rampla do Cemiterio) con Punta Corveiro na illa de Cortegada (ver plano que se xunta).

b) Liña de costa da illa de Cortegada que une Punta Corveiro con Punta do Bau (ver plano que se xunta).

c) Liña imaxinaria que une Punta do Bau coa zona superior dos viveiros de Carril (ver plano que se xunta).

c) Período de pesca.

Desde o día seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata ao 31 de outubro de 2012 nas tres zonas A, B e C.

d) Número previsto de días de actividade.

Os labores de pesca suspenderanse desde as 12.00 horas dos sábados ata as 12.00 horas dos luns, con carácter xeral.

Entre 20-23 días/mes.

e) Proposta de horas de pesca diarias.

As nasas deberán ser levantadas e revisadas diariamente.

f) Proposta de número de aparellos ou artes de pesca por persoa.

O número de artes de pesca que se empregarán en cada zona descrita no parágrafo b) non poderá ser superior a dez (10) nasas-voitirón por tripulante. Non se poderá acumular o número asignado a unha zona a outra.

g) Proposta de cotas de captura diarias ou por tempada de pesca.

Máximo 5.500 quilos por temporada para o total das embarcacións integrantes do plan.

A dimensión mínima das anguías capturadas será de 20 cm.

Devolverase ao río calquera outra especie que entre nas nasas.

Só se autoriza a captura da anguía na fase do seu ciclo vital denominada «anguía amarela», e deberanse devolver á auga, inmediatamente despois da súa captura, todos os exemplares con signos externos propios da fase denominada «anguía prateada».

h) Relación de membros da asociación participantes no plan.

Os que figuran no anexo que se xunta.

i) Relación de embarcacións e número de tripulantes por embarcación, de ser o caso.

As que se relacionan no anexo.

En total, 17 embarcacións e máximo de 3 tripulantes por embarcación.

j) Proposta de sistema de rexistro das capturas e de remisión de datos ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra.

Cada mes, as confrarías remitirán ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza unha declaración das capturas totais, especificando o total mensual de cada embarcación, así como o número total de días traballados no mes por cada unha delas.

l) Proposta de sistema de comercialización das capturas e o seu control.

A comercialización levarase a cabo nas lonxas de Carril e de Rianxo. Terán a obriga de entregar a totalidade das capturas.

Cada mes, xunto cos partes de capturas, remitirase ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza o xustificante de venda en lonxa.

ANEXO

Relación de embarcacións e membros participantes no Plan de Aproveitamento
da Anguía na Desembocadura do Río Ulla
Ano 2012

Nome da embarcación

Matrícula

Membros participantes no plan

Curota

VILL-3-4-02

M.ª Dolores Galbán Franco

Manuel Vidal Alcalde

Manuel Vidal Galbán

Paraná

VILL-3-12-96

José M. Figueira Deira

Peruco

VILL-3-9-98

Juan B. Vicente Romero

Juan Fco. Vicente Patiño

Conde I

VILL-3-9902

Baltasar Rodríguez Alcalde

Serafín Rubio Collazo

Espada

VILL-3-9473

Jorge Rubio Collazo

Paula Comojo Moares

Xoana

VILL-3ª-13-92

Manuel Tembra Vilanova

José Manuel Tembra Domínguez

Cristina Cef Ordóñez

Ángeles

VILL-3ª-10.128

José Manuel Pesado Romay

Juan Gabino Campos Taibo

M.ª Carmen Portas Gago

Camba

VILL-3ª-9.952

Cándido Vidal Buceta

Francisco Buceta Cascallar

Eu

VILL-3-10.223

Ramón Barreiro Blanco

M.ª Manuela Outeiral Fandiño

Gima

VILL-3ª-4.092

José Barreiro Blanco

Carmelo Campos Taibo

M.ª del Carmen

VILL-3ª-2.652

José Manuel Barreiro Portas

Francisco Barreiro Portas

Nena Cuarta

VILL-3ª-9.756

Manuel Agrasar de Villanueva

Ramón Agrasar de Villanueva

Tilocha

VILL-3ª-9.440

Antonio Pesado Romay

Marcos Pesado Portas

Iván Pesado Portas

Vicenta

VILL-3ª-10.156

Miguel Barreiro Blanco

Miguel Ángel Campos Taibo

Tami Uno

VILL-3ª-9-2-08

José Ángel Pesado Taibo

Alejandro Pesado Taibo

Villamar

VILL-3ª-10.067

David Castiñeiras Carro

Juan Antonio Gómez Blanco

Xurxo

VILL-3ª-8-91

José Manuel Diz Álvarez

M.ª Begoña Gerpe Jamardo

missing image file