Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7772

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de licitación do servizo de conservación e mantemento de contedores soterrados.

Aprobados os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexen a contratación do servizo de conservación e mantemento de contedores soterrados, anúnciase a convocatoria para a súa contratación.

1. Obxecto: a contratación do servizo de conservación e mantemento de contenedores soterrados.

2. Duración do contrato e prezo de licitación: sinálase como orzamento máximo de licitación por ano (12 meses) 43.257,30 euros, sen incluír o imposto sobre o valor engadido, o IVE ascende a 3.460,58 euros e o orzamento máximo de licitación por ano (12 meses), co IVE é de 46.717,88 euros. O valor estimado do contrato (duración dun ano e tres posibles prórrogas dun ano cada unha) é de 173.029,20 euros, o IVE ascende a 13.842,32 euros e o valor estimado, co IVE é de 186.871,52 euros.

3. Procedemento e tramitación: a adxudicación realizarase mediante tramitación ordinaria e procedemento aberto (con multiplicidade de criterios de valoración).

4. Lugar e prazo de presentación de ofertas: as proposicións presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Sanxenxo das 9.00 ás 14.00 horas, agás o sábado que será das 9.00 ás 13.00 horas, dentro do prazo de vinte (20) días, contado desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, Diario Oficial de Galicia e no perfil do contratante do órgano de contratación que figura na páxina web do concello, www.sanxenxo.es. O cómputo de prazos comezará desde a derradeira publicación en calquera dos medios citados. Faise constar que se o prazo remata en festivo ou sábado se ampliará ao día seguinte hábil que non cadre en sábado.

5. Criterios de adxudicación. Serán os seguintes:

a) Calidade na prestación do servizo: ata cincuenta (50) puntos, conforme o especificado na cláusula 9.ª do prego respectivo.

b) Prezo referenciado ao orzamento máximo de licitación por ano e co IVE (46.717,88 euros), ata cincuenta (50) puntos, segundo o disposto na cláusula 10.ª do prego respectivo.

6. Mesa de contratación: constituirase de acordo o sinalado nas cláusulas 11.ª, 12.ª e 13.ª dos pregos respectivos.

7. Clasificación: non se exixe.

8. Garantías. Provisoria: non se precisa. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación excluído o IVE.

9. Entidade e información: Concello de Sanxenxo - Sección de Contratación. Teléfono: 986 72 00 75.

10. Documentación: recollerase no Concello de Sanxenxo e a través da web:

www.sanxenxo.es. Perfil de contratante.

Sanxenxo, 13 de febreiro de 2012.

Catalina González Bea
Alcaldesa