Ganadería Casa Buxía, S.C. solicitou á Alcaldía de Trazo licenza municipal para a instalación dunha explotación leiteira no lugar do Breixo-Berreo, predio número 641.
Cumprindo o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública a dita solicitude por un período de vinte días, co fin de que durante este prazo, que comezará a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio, poidan examinar o expediente no Concello de Trazo, casa consistorial, aquelas persoas que dalgún xeito se vexan afectadas pola actividade que se pretende instalar, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.
Trazo, 9 de febreiro de 2012.
José Dafonte Varela
Alcalde