Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7770

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerceda

ANUNCIO de información pública.

María Pilar Regueiro Cabeza, actuando en nome e representación de Textil Regueiro, S.L. solicitoulle a esta alcaldía unha licencia para un proxecto de adecuación dun local para un taller téxtil, situado na rúa Principal, s/n, A Tablilla (Rodís-Cerceda) (clave: MAS/167 2009).

Xa que esta solicitude cumpre o disposto no Decreto 133/2008, do 12 de xuño, de avaliación de incidencia ambiental, sométese esta á información pública durante un prazo de 20 días co fin de que as persoas que dalgún xeito se consideraren afectadas pola actividade que se pretende instalar a poidan examinar na Área de Medio Ambiente e Sanidade deste concello e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se estimaren oportunas.

Este prazo de 20 días comezará a contar a partir do día seguinte a que se publique o presente edicto no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no Diario Oficial de Galicia.

Cerceda, 3 de febreiro de 2012.

José García Liñares
Alcalde