Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7769

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de febreiro de 2012, da Dirección de Recursos Económicos, pola que se fai pública a renuncia, por razóns de interese público, ao procedemento para a contratación da subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos do Hospital Arquitecto Marcide e do Hospital Naval de Ferrol (AB-SER3-12-002).

Por Resolución da Dirección de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde do 27 de febreiro de 2012, acordouse a renuncia, por razóns de interese público, a continuar co procedemento de contratación relativo á subministración enerxética prestacional e do servizo de mantemento e conservación de edificios, instalacións e equipamentos do Hospital Arquitecto Marcide e do Hospital Naval de Ferrol (AB-SER3-12-002). A dita licitación foi publicada no DOG número 9, do 13 de xaneiro de 2012, no BOE número 32, do 7 de febreiro, e no DOUE 2012/S 8-012097, do 13 de xaneiro.

O expediente tramitouse segundo o previsto no artigo 155 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Unha vez adaptados os pregos de contratación á situación resultante da aplicación do Real decreto lei 1/2012, do 27 de xaneiro, polo que se procede á suspensión dos procedementos de preasignación de retribución e á supresión dos incentivos económicos para novas instalacións de produción de enerxía eléctrica a partir de coxeneración, fontes de enerxía renovables e residuos (BOE número 24, do 28 de xaneiro de 2012), procederase a unha nova licitación.

Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2012.

Pablo Torres Arrojo
Director de Recursos Económicos