Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7709

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (899/2011).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 899/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Miguel Ángel Mosquera Mañana e María Elida Blanco Mosquera contra a empresa Casona Coruña, S.L., e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza, cuxo ditame di:

«Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Miguel Ángel Mosquera Mañana e María Elida Blanco Mosquera contra a entidade Casona Coruña, S.L., e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Casona Coruña, S.L., a que aboe aos demandantes as cantidades que se especificarán, polos salarios percibidos en xuño e xullo de 2011, e compensación económica por vacacións non desfrutadas, incrementadas no xuro do 10% por mora e aplicable aos conceptos salariais:

A Miguel Ángel Mosquera Mañana, a cantidade de 2.663,01 euros.

A María Elida Blanco Mosquera, a cantidade de 2.699,86 euros.

Tense por desistido da reclamación exercida por Miguel Ángel Mosquera Mañana e María Elida Blanco Mosquera, contra a entidade Rivas Souto Riso, S.L.

Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 150 euros do depósito especial indicado no artigo 227.1.a) da Lei de procedemento laboral. Ambos os dous ingresos deberán efectuarse por separado na mesma conta corrente antes indicada, podendo substituír a empresa o importe da consignación pola constitución a disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista. Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Casona Coruña, S.L., expido e asino o presente na Coruña o catorce de febreiro de dous mil doce.

A secretaria