Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7630

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 9 de febreiro de 2012 pola que se modifica a autorización do centro privado de educación especial Ilustre Mestre, do concello de Ourense.

O representante da titularidade do centro privado de educación especial Ilustre Mestre, do concello de Ourense, solicita a ampliación de 1 unidade (autistas).

A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense achega o expediente cos correspondentes informes de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a ampliación de 1 unidade de educación especial no centro privado que se sinala a continuación:

Denominación: CPR de educación especial Ilustre Mestre.

Código do centro: 32020823.

Domicilio: r/ Ramón Puga, s/n.

Localidade: Ourense.

Concello: Ourense.

Provincia: Ourense.

Titular: Asociación Autismo Ourense.

Composición resultante: 3 unidades de educación especial (autistas), 5 postos escolares por unidade.

Segundo. Para a posta en funcionamento da unidade que se amplía, a Xefatura Territorial de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se teña que modificar calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2012.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria