Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7715

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 15 de decembro de 2011, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Cerámica Xunqueira, S.A. para a fabricación de produtos cerámicos para a construción na súa instalación industrial situada no lugar de Veigachá, no concello de Xunqueira de Espadanedo (expediente 2011/0052).

O día 11 de abril de 2008 concedéuselle a Cerámica Xunqueira, S.A. a autorización ambiental integrada número 2006/0067_NAA/IPPC para unha fábrica de cerámica para a construción situada no concello de Xunqueira de Espadanedo (Ourense).

Nesta autorización establécese unha vixencia de catro anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ao titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, de ser o caso, actualizada.

Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada polo solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polo documento titulado:

– Memoria de renovación de autorización ambiental integrada de fábrica de produtos cerámicos.

Co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n-15781 Santiago de Compostela).

Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Paseo 18, 32003 Ourense).

Concello de Xunqueira de Espadanedo (praza dos Amigos, s/n, 32730 Xunqueira de Espadanedo, Ourense).

Santiago de Compostela, 15 de decembro de 2011.

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental