Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7620

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 83/2012, do 29 de febreiro, polo que se acorda encomendar ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza que se encargue do despacho de asuntos da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Con motivo da ausencia da conselleira do Medio Rural e do Mar durante os días 4 ao 14 de marzo faise necesario prover a súa substitución ata o seu regreso.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7.º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Como consecuencia da ausencia da súa titular, encárgaselle o despacho dos asuntos da Consellería do Medio Rural e do Mar ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza desde o día 4 de marzo ata o 14 de marzo, ambos inclusive.

Santiago de Compostela, vinte e nove de febreiro de dous mil doce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente