Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7538

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se ordena o rexistro, o depósito e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo da comisión negociadora do convenio colectivo autonómico das empresas organizadoras do xogo do bingo, relativo á aprobación das táboas salariais para o ano 2010.

Visto o acordo polo que se aproban as táboas salariais para o ano 2010, que subscribiu a comisión negociadora do convenio colectivo autonómico das empresas organizadoras do xogo do bingo, na reunión do 19 de xaneiro de 2012, e de conformidade co disposto no artigo 90.2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios e acordos colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia, creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG n.º 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

En Santiago de Compostela, ás once horas do día dezanove de xaneiro de dous mil doce, na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, reúnense as persoas que a seguir se sinalan:

Representación empresarial:

José Antonio Iglesias Díaz (ABIGA)

Lorenzo Sanmartín Alonso (ABIGA)

Camilo Costas Fernández (ABIGA)

Representación sindical:

José Luis Rodríguez Vázquez (UGT-Galicia)

José Luis López Pájaro (UGT-Galicia)

Sergio Urdampilleta Gómez (UGT-Galicia)

Celestino Criado Curras (UGT-Galicia)

Pablo Lamosa Táboas (UGT-Galicia)

Elisa Carmen Souto Baña (UGT-Galicia)

Francisco Javier Castro del Río (UGT-Galicia)

José Antonio Boullosa Gómez (UGT-Galicia)

Paulo Paio Rubido Bará (CIG-asesor)

Manuel San Martín Villamor (CIG)

Beatriz Domínguez Chiarroni (CIG)

Begoña Nogueira Bargiela (CIG)

Roberto Vidal Rial (CIG)

Yolanda Concheiro Lorenzo (CIG-asesora)

As partes, unha vez realizadas as deliberacións oportunas, chegan aos seguintes acordos:

1. Asinar as táboas salariais correspondentes ao ano 2010 que se xuntan a esta acta como anexo. A suba reflectida correspóndese co IPC real do ano 2010 (3%). As partes acordan expresamente que no caso de existir un erro nesta aplicación porcentual será corrixido para adecuarse a esta suba.

2. As partes acordan que a data tope para o pagamento dos atrasos correspondentes aos anos 2010, 2011 e primeiros meses de 2012 será o 1 de marzo de 2012, data esta en que tamén terá que estar actualizado o salario conforme as táboas asinadas nesta reunión.

3. As partes acordan novamente volver reunirse o 5 de xuño deste ano para os efectos de comprobar a situación do sector, analizar as actuacións que se desenvolverán coa Administración autonómica para os efectos de cumprir os acordos sectoriais vixentes, así como acordar os incrementos salariais para os anos 2011 e 2012.

4. As partes acordan delegar no persoal habilitado do Consello Galego de Relacións Laborais para levar a cabo ante a autoridade laboral competente os trámites de rexistro, depósito e publicación deste acordo.

E non tendo máis asuntos que tratar levántase a reunión, no lugar e data ut supra, ás catorce horas, e asínase esta acta en proba de conformidade por cuadriplicado exemplar.

Artigo 42. Salario base.

O salario base queda fixado, en función da categoría administrativa da sala e por categorías profesionais nas seguintes cantidades:

Ano 2009

Ano 2010

Categ. A

Categ. B

Categ. C

Categ. A

Categ. B

Categ. C

Sala esp.

1.263,27

1.152,53

1.041,80

1.301,16

1.187,11

1.073,05

4.016,05

Sala 1

1.152,53

1.075,03

986,46

1.187,11

1.107,28

Sala 2

1.041,80

986,46

931,08

1.073,05

1.016,05

959,01

Sala 3

958,77

931,08

908,96

987,53

959,01

936,23

Artigo 45. Complemento de prolongación de xornada.

Co fin de compensar economicamente aqueles/as traballadores/as que por necesidades reais das salas teñan que realizar traballo fóra de horas normais, tales como peche de caixa, recollida da sala, revisión de cartóns, etc. as empresas aboarán un complemento de prolongación de xornada mensual, durante 11 meses ao ano, dos seguintes importes:

Ano 2009

Ano 2010

Categoría A

34,09

35,11

Categoría B

32,53

33,51

Categoría C

29,06

29,93

Artigo 48. Quebrantamento de moeda.

As empresas aboarán a xefes/as de mesa, caixeiros/as e locutores/as-vendedores/as, e a aqueles/as traballadores/as que realicen operacións con cartos (cobramentos, pagamentos, cambios, etc.), un complemento de quebrantamento de moeda mensual durante 11 meses ao ano, co importe seguinte:

Ano 2009

Ano 2010

Quebrantamento de moeda

44,13

45,45

Artigo 49. Complemento de transporte.

Ano 2009

Ano 2010

Complemento de transporte

70,61

72,73

Como compensación de gastos de desprazamento e medios de transporte dentro da localidade, así como desde o domicilio ao centro de traballo e regreso, establécese un complemento de distancia e transporte nas seguintes contías, durante 12 meses ao ano e para todas as categorías.

Artigo 50. Complemento de vestiario.

As empresas aboarán aos/ás traballadores/as un complemento de vestiario na cantidade de 12,00 euros mensuais durante doce mensualidades. A dita obriga entrará en vigor a partir do 1.1.2008.

Ano 2009

Ano 2010

Complemento de vestiario

12,48

12,85

Artigo 51. Horas extraordinarias.

Ante a situación de desemprego existente e co obxecto de favorecer a creación de novos postos de traballo, as partes acordan regular as horas extraordinarias con carácter restritivo, conforme os seguintes criterios:

Suprímense as horas extraordinarias con carácter habitual.

Unicamente se poderán realizar horas extraordinarias por necesidades de carácter estrutural.

Cada hora extraordinaria que se realice sobre a duración máxima de xornada laboral aboarase conforme a seguinte escala:

Ano 2009

Ano 2010

Categ. A

Categ. B

Categ. C

Categ. A

Categ. B

Categ. C

Horas extra

16,91

15,92

14,93

17,42

16,39

15,38