Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7574

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello do Saviñao (expediente IN407A 2011/88-2, 7926 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Solidaridad Solar, S.L.

Domicilio social: Pi O Peago, 19, Escairón, 27540 O Saviñao, Lugo.

Denominación: proxecto de execución de liñas de evacuación provisional L.A.A.T 20 kV-L.S.A.T. 20 KV (central fotovoltaica Seteventos II-central fotovoltaica Seteventos III).

Situación: concello do Saviñao.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de 20 kV de tensión nominal, de dobre circuíto, con orixe nas centrais xeradoras Seteventos II e Seteventos III, e final no C.S. a apoio de entroncamento, formada por un tramo aéreo de 1.340 m aproximadamente en condutor LA-56 sobre 8 apoios metálicos de celosía, e por outro subterráneo de 885 m aproximadamente en condutor de aluminio R.H.Z.1-2OL 12/20 kV Al con canalización soterrada baixo tubo de 160 mm de diámetro.

– Centro de seccionamento en edificio prefabricado tipo OT 7000 × 2200 VE 3PP Siemens, nas proximidades do punto de conexión, equipado con celas de liña e protección e aparellos de medida e telemando.

– Paso aéreo-subterráneo en apoios n.º 1 e n.º 8, con condutor R.H.Z.1-2 OL 12/20 kV Al.

En cumprimento dos trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 20 de febreiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo