Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 1 de marzo de 2012 Páx. 7499

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 27 de febreiro de 2012 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Galego de Saúde en representación da cidadanía.

A Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, recolle no seu artigo 13 que a cidadanía da Comunidade Autónoma de Galicia terá dereito a participar na xestión do Sistema Público de Saúde de Galicia a través dos órganos de participación comunitaria. No seu capítulo VI recolle a participación na formulación da política sanitaria e no control da súa execución como un dereito da cidadanía e da sociedade en xeral, un valor social e un instrumento de cooperación e información no ámbito do Sistema Público de Saúde de Galicia, para a mellora da saúde e do benestar da cidadanía.

No artigo 24 regúlase o Consello Galego de Saúde como o principal órgano colexiado de participación comunitaria no Sistema Público de Saúde de Galicia, ao que lle corresponde o asesoramento á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia na formulación da política sanitaria e no control da súa execución. Regúlase, así mesmo, a súa composición e funcións, establecendo o nomeamento e separación do cargo pola persoa titular da Consellería de Sanidade, por proposta de cada unha das representacións que o compoñen.

Os doce vogais representantes dos cidadáns serán designados na seguinte proporción: oito vogais pola Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), e un vogal por cada unha das deputacións provinciais da Comunidade Autónoma.

Á vista da nova designación comunicada pola Fegamp de seis dos oito vogais que exercerán a súa representación no Consello Galego de Saúde, cómpre actualizar a composición do dito órgano mediante os cesamentos e nomeamentos que se relacionan nos anexos I e II desta orde.

En consecuencia, en virtude das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, reformada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, en relación co artigo 24 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia,

DISPOÑO:

Artigo 1.

Cesan como vogais do Consello Galego de Saúde ás persoas indicadas no anexo I desta orde.

Artigo 2.

Nomeánse como vogais do Consello Galego de Saúde as persoas indicadas no anexo II desta orde.

Artigo 3.

Os doce vogais do Consello Galego de Saúde designados en representación da cidadanía, a través das entidades locais, son os que figuran no anexo III desta orde.

Disposición derrogatoria.

Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto nesta orde.

Disposición derradeira.

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2012.

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

Anexo I

Cesan como membros do Consello Galego de Saúde:

– Cipriano Caamaño Castro, nomeado como alcade de Boborás.

– Marcial Sanjurjo Fernández, nomeado como alcalde de Ourol.

– Mar Martín García, nomeada como concelleira de Santiago de Compostela.

– Julio Álvarez Núñez, nomeado como alcalde de Quiroga.

– Javier Francisco Caínzos Vázquez, nomeado como alcalde de Curtis.

– Martiño Noriega Sánchez, nomeado como alcalde de Teo.

Anexo II

Noméanse membros do Consello Galego de Saúde:

– Francisco José Fernández Pérez, alcalde de Leiro.

– José Ignacio Cabezón Lorenzo, alcalde de Neda.

– Miguel Domínguez Alfonso, alcalde da Cañiza.

– Alberto García Pazos, concelleiro de Nigrán.

– Pablo Taboada Camoira, alcalde de Palas de Rei.

– Luciano Sobral Fernández, alcalde de Poio.

Anexo III

Vogais designados en representación da cidadanía:

– Francisco José Fernández Pérez, alcalde de Leiro.

– José Ignacio Cabezón Lorenzo, alcalde de Neda.

– Miguel Domínguez Alfonso, alcalde da Cañiza.

– Alberto García Pazos, concelleiro de Nigrán.

– Pablo Taboada Camoira, alcalde de Palas de Rei.

– Luciano Sobral Fernández, alcalde de Poio.

– Luis Milia Méndez, alcalde de Carballeda de Avia.

– Serafín A. Martínez Martínez, concelleiro de Fornelos de Montes.

– Miguel de Santiago Boullón, designado pola Deputación Provincial da Coruña.

– Marta Iglesias Bueno, designada pola Deputación Provincial de Pontevedra.

– Manuel Martínez Núñez, designado pola Deputación Provincial de Lugo.

– José Manuel Freire Couto, designado pola Deputación Provincial de Ourense.